Iniciar sesión

Antonio Blay

Antonio Blay naceu en Barcelona en 1924 e morreu na mesma cidade no 1985. Insteresouse dende moi xoven pola perspectiva oriental da realidade e preocupouse por darlle unha forma que fora útil e eficaz para a nosa mentalidade occidental. Pero esta tarea non foi unha traballo intelectual se non o producto da sua propia experiencia, unha experiencia que o levou a unha viaxe persoal ata o centro da realidade. Dende alí ninguén ten segredos, todo e claridade e ben; e él transmitía esa evidencia e bondade ó tempo que convidaba a cada un a realizar a súa propia viaxe. Para él este era o sentido da existencia: descubrir a realidade que somos.

O camiño que indicaba era ser cada vez máis un mesmo: sin creenzas non contrastadas persoalmente, sin recetas para eludir as dificultades; utilizando a vida como unha escola e os problemas como un estímulo para descubrir a nosa naturaleza esencial.

Non se trataba de dar voltas ás cousas se non de miralas coa suficiente intensidade e profundidade para comprender o significado que tiñan e o papel que xogaban na nosa evolución. Mirar con interés para ver e comprender, denserrolaba unha posición central de equilibrio, seguridade e apertura que posibilitaba unha liberdade total.

Blay era un reflexo vivinte de esta libertade fortaleza e serenidade. Pero o máis extraordinario é que o era conservando ó mesmo tempo o aspecto de un home ordinario; un máis, un que simplemente se dera de conta de que todos o somos.,.

E esto facíate confiar nas tuas propias posibilidades. Se él o consiguiu, ti tamén poderías.

Web oficial: http://www.antonioblay.com