Iniciar sesión

Conferencia sobre o eu experiencia

El Yo-Experiencia

Conferencia sobre o eu experiencia

O ser humán, no paso da súa existencia, pode actualizar de xeito pleno e gozoso tódalas capacidades inherentes a súa propia natureza. A ferramenta para tal fin é a súa personalidade, o eu­experiencia segundo a terminoloxía tilizada por Antonio Blay.

¿Porqué nin tan siquiera somos conscientes de que iso sexa posibel, e que o sexa dun xeito apaixoante? Porque a idea que temos da vida e de nós mesmos impídeo. A nosa existencia está chea de preocupacións, problemas, responsabilidades e obrigacións que consideramos coma un examen ou proba do noso valor, o cal nos manten nunha constante tensión e inseguridade. Iso é así porque a nosa mente está presa polos complexos da persoaxe.

Neste seminario presentamos unha visión do mundoe do ser humán totalmente oposta; unha visión na que xa somos e valemos, e dende a cal a existencia presentase coma un estímulo e a razón da nosa existenica individual. A vida é a mellor maestra que temos, non é un campo de probas nin un valle de lágrimas senón un terreo abonado para exercitar o que somos e para perfeccionar a nosa capacidade de intervir no mundo e facelo máis perfecto. O mundo é a nosa creación persoal, e dispoñemos dunha ferramenta marabillosa que podemos aprender a utilizar para exercitar esta creación: o noso Eu experiencia.

PROGRAMA CONFERENCIA SOBRE O EU­EXPERIENCIA

1.­ Un marco conceptual para o universo e o ser humán.
A realidade coma expresión de Enerxía, Amor e Intelixencia.
O ser humán, unha capacidade consciente de Enerxía, Amor e Intelixencia.

2.­ A realidade actual do ser humán.
Qué cremos ser. O que somos e o que temos.
As necesidades esenciais do home.
O eu­experiencia. A realidade existencial do home.

3.­ Causas da situación actual.
A alienación actual da personalidade
Primeira infancia / modelo / angustia / Persoaxe.
A persoaxe, unha enxenaciónque usurpa o noso desenvolvemento.

4.­ Cara un desenvolvemento pleno do ser humán.
A reconexión cas capacidades esenciais do home.
O desenvolvemento da personalidade: Virtudes e defectos.
O desenvolvemento da personalidade: as dificultades.
Crecemento persoal e evolución.

Ponente

Jordi Sapés de Lema.

Precio

150 euros (Máis gastos de desprazamento e manutención, a consultar según zoa)

Contacto

Para obter máis información pode envíar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.