Iniciar sesión

Jordi Sapés

Jordi Sapés

Nato o 18 de Febreiro de 1951. Licenciado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais pola Universidade de Barcelona (1974) e Grao Superior de Violín polo Conservatorio de Música de Barcelona (1969). Economista dedicado a sistematizar a xestión empresarial, combina a súa labor profesional coa participación no mundo da cultura. Membro en 1976 do Comité Internacional de Animación Cultural de Xunventudes Musicais, con sede en Bruselas, elabora e difunde, en colaboración con profesionais da ensinanza e xoves músicos, un programa de pedagoxía musical para escolares.

En 1980 coñece a Antonio Blay de quen será alumno ata a súa morte; suceso que lle efrenta ó reto de levar a término as suas ensinanzas, evitando convertilas en unha mera ideoloxía. A súa experiencia persoal, desenrólase en torno á loita por superar a dualidade; unha especie de división interior na que a vivencia do superior parece a miudo incompatible coa dinámica do mundo ordinario. Esta loita interior lévao a resaltar a necesidade de abordar o traballo espiritual como algo prático, profundamente inserto na vida cotidiana.

A parti de 1990 dirixe grupos de crecemento persoal, utilizando algúns esquemas de G.I Gurdjieff como instruentos auxiliares dunha observación metódica e continuada da persoalidade. Esta experiencia estrutúrase ata constituir un sistema prático de auto­observación e densenrolo da conciencia que na actualidade ensina e difunde. Dende 1997 adícase en exclusiva a esta actividade.

En Febreiro de 2007 participou como poñente nas Xornadas sobre Antonio Blay que se celebran en Barcelona.

Web oficial: http://www.aticzendo.com