Iniciar sesión

Conferencia sobre os niveis superiores de conciencia

Conferencia sobre os niveis superiores de conciencia

O acceso a niveles superiores de conciencia, a súa experiencia e a posibilidade de facelos operativos na vida cotidiana, presentanse como algo alonxado do home común e reservado para unha minoría de místicos ou iluminados.

Sen embargo Antonio Blay trataba este tema con total normalidade, xa que o tiña explorado persoalmente e presentábao coma algo práctico, próximo, accesibel para todo aquel que queira recorrer o camiño cara a autorrealización.

Neste seminario partimos da realidade existencial do home, do concepto eu­experiencia, para profundizar nas súas capacidades esenciais ata chegar a súa orixe, que está máis alá da nosa forma de ser individual. Veremos como a mesma realidade se pode ver de maneiras moi distintas dependendo do nivel de conciencia no que estemos e explicaremos como acceder a unha visión máis elevada da existencia.

Progama de conferencia sobre niveis superiores de conciencia

1.­ O estado actual de conciencia.
Conciencia da persoaxe
Conociencia do eu­experiencia
A conciencia das capacidades esenciais do home

2.­ Do eu­experiencia ó eu­esencial
A orixe destas capacidades. O eu­esencial
O centramento. Un primer contacto hacia o eu­esencial
Experiencia do eu­esencial. Fondo e niveis superiores da conciencia.

3.­ Estados da conciencia superiores
A realidade existencial dende os niveis superiores da conciencia
A transcendencia: Hacia a fonte suprema
Contacto e vivencia dos niveis superiores de conciencia
A instuición, a oración
A autorealización como paso final

Ponente

Jordi Sapés de Lema.

Precio

150 euros (Máis gastos de desplazamento e manutención, a consultar según a zona)

Contacto

Para obter máis información pode envíar un correo aEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Conferencia sobre o eu experiencia

El Yo-Experiencia

Conferencia sobre o eu experiencia

O ser humán, no paso da súa existencia, pode actualizar de xeito pleno e gozoso tódalas capacidades inherentes a súa propia natureza. A ferramenta para tal fin é a súa personalidade, o eu­experiencia segundo a terminoloxía tilizada por Antonio Blay.

¿Porqué nin tan siquiera somos conscientes de que iso sexa posibel, e que o sexa dun xeito apaixoante? Porque a idea que temos da vida e de nós mesmos impídeo. A nosa existencia está chea de preocupacións, problemas, responsabilidades e obrigacións que consideramos coma un examen ou proba do noso valor, o cal nos manten nunha constante tensión e inseguridade. Iso é así porque a nosa mente está presa polos complexos da persoaxe.

Neste seminario presentamos unha visión do mundoe do ser humán totalmente oposta; unha visión na que xa somos e valemos, e dende a cal a existencia presentase coma un estímulo e a razón da nosa existenica individual. A vida é a mellor maestra que temos, non é un campo de probas nin un valle de lágrimas senón un terreo abonado para exercitar o que somos e para perfeccionar a nosa capacidade de intervir no mundo e facelo máis perfecto. O mundo é a nosa creación persoal, e dispoñemos dunha ferramenta marabillosa que podemos aprender a utilizar para exercitar esta creación: o noso Eu experiencia.

PROGRAMA CONFERENCIA SOBRE O EU­EXPERIENCIA

1.­ Un marco conceptual para o universo e o ser humán.
A realidade coma expresión de Enerxía, Amor e Intelixencia.
O ser humán, unha capacidade consciente de Enerxía, Amor e Intelixencia.

2.­ A realidade actual do ser humán.
Qué cremos ser. O que somos e o que temos.
As necesidades esenciais do home.
O eu­experiencia. A realidade existencial do home.

3.­ Causas da situación actual.
A alienación actual da personalidade
Primeira infancia / modelo / angustia / Persoaxe.
A persoaxe, unha enxenaciónque usurpa o noso desenvolvemento.

4.­ Cara un desenvolvemento pleno do ser humán.
A reconexión cas capacidades esenciais do home.
O desenvolvemento da personalidade: Virtudes e defectos.
O desenvolvemento da personalidade: as dificultades.
Crecemento persoal e evolución.

Ponente

Jordi Sapés de Lema.

Precio

150 euros (Máis gastos de desprazamento e manutención, a consultar según zoa)

Contacto

Para obter máis información pode envíar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Conferencias

CONFERENCIAS TEMÁTICAS

ADCA ofrece tamén conferencias temánticas sobre aspectos fundamentais da sua liña de traballo a todas aquelas persoas asociacións, o foros interesados en conocer tanto as súa concepción teórica como a sua práxis na vida cotidiana.

En estas conferencias pártese do marco das ensinanzas de Antonio Blay para expoñelas dunha forma sinxela, útil para calqueira persoa que queira aplicalas seguindo a liña de traballo proposta pola asociación. Esta orientación práctica e útil que incide nos problemas cotidianos de cada un, enriquécese coa proposta de exercicios práticos que permiten plasmar conceptos que de outra maneira, quedaría como meros ideais.

Cada unha destas conferencias ten un contido conceptual propio pero, ó mesmo tempo, como conxunto, ofrece unha continuidade natural porque expoñen, de forma gradual, 3 estados no nivel de conciencia do ser humano: Ó nivel de conciencia da persoaxe, do eu experiencia e da impersoalidade, que da acceso a niveis de conciencia superiores. Deste modo, as tres conferencias pódense presentar como unha triloxía integral que aborda o percorrido completo da conciencia do home.

1.- Conferencia sobre a persoaxe

2.- Conferencia sobre o Eu Experiencia

3.- Conferencia sobre os niveis superiores de conciencia

Conferencia sobre a persoaxe

Conferencia sobre a persoaxe

A persoaxe, concepto análogo ó do ego, é unha das aportacións claves na líña de traballo de Antonio Blay.O xeito como Blay o trata, constitue unha das contribucións máis valiosas que se teñen feito ó desenvolvemento do ser humano. Para Antonio Blay, a persoaxe non é algo a sobrelevar, coma un peso que toda persoa a de cargar durante a súa vida, senon que, polo seu carácter artifical, pode ser eliminado, trascendido e sustituidopor unha vivencia máis plena e real das capacidades esenciales do ser humán.

Nesta conferencia exponse con detalle a súa causa e orixe, as dinámicas familiares e sociais que o alimentan e, por suposto, as consecuencias nefastas que teñen para as persoas que interpretan a realidade en base os seus presupostos.

Unha visión detallada de esta estructura mental, permite presentar o traballo práctico que nos dará as claves para recoñecela como errónea e eliminala, paso indispensable na búsqueda de alternativas para vivir a existencia dun xeito acorde ca nosa realidade esncial.

El Personaje

PROGRAMA CONFERENCIA SOBRE A PERSOAXE

1.­ Marco conceptual de partida
A triple calidade da natureza humana.
A realidade esencial e existencial do home.

2.­ Xéneses da persoaxe.
A realidade existencial na primeira infancia.
A transmisión do modelo. A adaptación as esixencias do modelo.

3.­ A persoaxe, unha estructura artificial e errónea.
Apersoaxe como resultante de temores e desexos. Eu­idea e eu­ideal.
A vida dende a persoaxe.

4.­ Cara a superación da persoaxe.
O exercicio dos eventos como radiografía de cada persoaxe particular.
Unha alternativa real: o Eu experiencia.

Ponente

Jordi Sapés de Lema.

Precio

150 euros (Máis gastos de desprazamento e manutención, a consultar según zoa)

Contacto

Para obter máis información pode envíar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Jordi Sapés

Jordi Sapés

Nato o 18 de Febreiro de 1951. Licenciado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais pola Universidade de Barcelona (1974) e Grao Superior de Violín polo Conservatorio de Música de Barcelona (1969). Economista dedicado a sistematizar a xestión empresarial, combina a súa labor profesional coa participación no mundo da cultura. Membro en 1976 do Comité Internacional de Animación Cultural de Xunventudes Musicais, con sede en Bruselas, elabora e difunde, en colaboración con profesionais da ensinanza e xoves músicos, un programa de pedagoxía musical para escolares.

En 1980 coñece a Antonio Blay de quen será alumno ata a súa morte; suceso que lle efrenta ó reto de levar a término as suas ensinanzas, evitando convertilas en unha mera ideoloxía. A súa experiencia persoal, desenrólase en torno á loita por superar a dualidade; unha especie de división interior na que a vivencia do superior parece a miudo incompatible coa dinámica do mundo ordinario. Esta loita interior lévao a resaltar a necesidade de abordar o traballo espiritual como algo prático, profundamente inserto na vida cotidiana.

A parti de 1990 dirixe grupos de crecemento persoal, utilizando algúns esquemas de G.I Gurdjieff como instruentos auxiliares dunha observación metódica e continuada da persoalidade. Esta experiencia estrutúrase ata constituir un sistema prático de auto­observación e densenrolo da conciencia que na actualidade ensina e difunde. Dende 1997 adícase en exclusiva a esta actividade.

En Febreiro de 2007 participou como poñente nas Xornadas sobre Antonio Blay que se celebran en Barcelona.

Web oficial: http://www.aticzendo.com